Neste momento estás a ver Axudas para a rexeneración e mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas

Axudas para a rexeneración e mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas.

A convocatoria, para o ano 2024,  realizase  no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGeneration.

O prazo para solicitar as axudas é de un mes a contar a partir do 7 de marzo de 2024.