A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG do 26 de xaneiro de 2023 as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, para o apio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
As subvencións, valoradas nun total de 38,8M€, contan co financiamento do instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) para a liña de incorporación dos xoves ao campo, e coa cofinanciación do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural (Feader) para as outras días liñas: plans de mellora e apoio ao desenvolvemento de pequenas explotacións.
Segundo o comunicado da consellería con esta subvencións procúrase rexuvenecer a poboación activa agraria e fomentar o emprego no sector “con especial consideración cara as mulleres”.
Saliéntase ademais que un 10% do orzamento total, reservase ás persoas que estean incluídas no desenvolvemento dun proxecto de aldea modelo ou polígono agrofestal.
Os solicitantes teñen de prazo un mes, a partires do 27 de xaneiro, para presentar a súa solicitude.
Distribución das axudas
Do orzamento total (38,8M de euros), o 52,8% destinarase a plans de mellora, o 42,5% á incorporación de xoves á actividade agraria e o 4,6% dirixiranse á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.