A Xunta de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal.
A liña de actuacións está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2023.
As axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións a través da súa modernización, ao tempo que asegurar a continuidade do tecido agrario.
Poderán solicitar ás subvencións os titulares das explotacións relacionadas coas seguintes áreas: horticultura ao aire libre, horticultura en invernadoiro, horticultura e cultivos diversos, cultivos leñosos, pataca.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática MELLES, á cal se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede.
O prazo para solicitar as axudas remata o 4 de setembro.