O Goberno galego publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.
A convocatoria, que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros está dirixida ás empresas vinícolas, organizacións de produtores e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas e indicación xeográficas protexidas, cooperativas, entidades asociativas sen ánimo de lucro e asociacións temporais ou permanentes de produtores.
As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de setembro do ano previo ao comezo do programa.