A Xunta de Galicia publicou no DOG do 8 de maio de 2023, as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura que se convocan para o ano 2023.
Poderán ser beneficiarias aquelas persoas titulares de explotacións apícolas, incluídas as de titularidade compartida, así como as agrupacións de apicultores.
As axudas contemplan cinco liñas de intervención:
- Orientada a servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, a través de actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións sectoriais. Serán suxeito de subvención a contratación de persoal técnico e de administración. Así mesmo tamén se poderá financiar actividades de formación e divulgación.
- Subvencionaranse investimentos para loitar contra os invasores (velutina) e as enfermidades das colmeas, tamén aquelas actuacións para previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos ou para repoboar as colmeas.
- Actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade.
- Iniciativas de promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e destinadas a sensibilizar aos consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.
- Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partires do 9 de maio de 2023.
Subvencións ás organizacións profesionais e asociacións agrarias
A Consellería de Medio Rural, vén de publicar no DOG do 9 de maio de 2023 a orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións do sector para a adquisición e mantemento de bens informáticos e medios técnicos.
A contía das axudas será do 50% dos custos subvencionables, cun límite máximo de ata 30.000 euros para as organizacións profesionais e de ata 15.000 euros no caso das asociacións.
As persoas interesadas teñen de prazo un mes a contar desde o 10 de maio para presentar as súas solicitudes de forma telemática.