EN QUE CONSISTE?

Somos especialistas en tapas, sinxelas ou elaboradas pero sempre con produtos de calidade, polo que ofrecemos tres tipos de menú degustación neste formato:

 

Degustapas. Seis saborosas tapas, mais sobremesa caseira, coas que faremos un percorrido polos pratos mais significativos da casa formado por croquetas caseiras, tostas, piruletas de queixo, lagostinos  curricoco, zamburiñas e tetiñas.

 

Degustapas premium. Seis saborosas tapas, mais sobremesa caseira, incluíndo as nosas especialidades “alto de gama” como os calamares Triga, e carnes de porco celta e vacún maior.

 

Degustapas vegán. Con este menú, pódese gozar da maioría das nosas opcións veganas como guacamole fresco con nachos(para dúas persoas o guacamole cámbiase por rolo de primaveira), cheese balls, gyozas, croquetas, etc. e rematando cunha espectacular hamburguesa de heura

 

Tamén ofrecemos a posibilidade de maridar estes menús, para aqueles que queiran seguir as nosas suxerencias e probar mais de catro viños ou cervexas artesás e un  vermú artesán.

CONDICIÓNS

 

Degustapas é para un mínimo de dúas persoas.

 

Degustapas premium require catro comensais.

 

Degustapas vegán é para catro comensais, aínda que se pode adaptar a dous.

 

PREZO

Degustapas: 14,90€ sen bebida

 

Degustapas premium: 19,90€ sen bebida

 

Degustapas veganas: 14,50€ sen bebida

 

Nota:

O maridaxe ten un prezo de 12€

Todos os prezos son por persoa

RESERVA

Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con tres horas de antelación e segundo dispoñibilidade do local.

A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.