Hai seis anos que o aloxamento “A Cantaruxa Maruxa”, en Mondariz, decidiu que a calidade sería a súa principal carta de presentación. Fixeron do bo trato, as súas instalacións e o servizo profesional os seus sinais de identidade e, da man do GDR Terra e Auga , materializaron a súa liña de traballo nun certificado de calidade SICTED.
“Fomos distinguidos polo proxecto de mellora e compromiso de calidade seguindo unha metodoloxía integral, permanente e continuada no tempo. Estamos en continua mellora, formándonos para dar un servizo de calidade aos hóspedes, queremos que cada estadía sexa unha experiencia completa e perdure na memoria”, explica Lorena Durán. Entre os seus obxectivos está a prxoimidade coa clientela, algo que xera vínculos e repetición. Ademais, manteñen un compromiso firme coa sostibilidade e apostan por produtos locais, de km 0 e caseiros. Tamén empregan biomasa para a calefacción, súmanse á compostaxe dos residuos orgánicos e á reciclaxe, ademais de nutrirse da súa horta ecolóxica.
Opinións sobre A Canturaxa Maruxa
139 reseñas outórgalle a máxima puntuación na plataforma turística Tripadvisor, unha media de 9,6 en Booking, cifras que avalan esas certificacións e as intencións coas que traballan a diario dende A Cantaruxa Maruxa.
Rosa M. publicaba o 27 de marzo o siguiente comentario: “La estancia ha sido muy agradable, Lorena y Tito son unos anfitriones maravillosos, se preocupaban en todo momento por que estuviéramos cómodos. La casa es muy acogedora y se nota el cariño en cada detalle. Los desayunos buenísimos, todo casero. Sin duda volveremos”. “Amabilidad, acogedor, buen gusto y simpatía a partes iguales, lugar muy bonito y tranquilo mediatizado totalmente con el entorno , sus dueños muy agradables y solícitos a cualquier petición, los desayunos caseros y todo muy rico 😋 sin duda volveremos 🤗” deixaba outro cliente a la vez que lle daba a máxima puntuación. O 8 de maio Vicente dáballe un 10 na plataforma Mr.Plan e así unha lista de referencias que se van sumando dende a súa apertura no ano 2014.
A Cantaruxa Maruxa e o SICTED
Promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), e xestionado polo GDR Terra e Auga, no territorio, o SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos que pretende a mellora da experiencia e a satisfacción das persoas turistas. Un certificado que A Cantaruxa Maruxa non lle custou conseguir porque teñen claro que o seu negocio é un xeito de vida, e un proxecto familiar posto en marcha dende o cariño e como continuación a un legado da familia. A casa dos avós convertida nunha casa que acolle cos brazos abertos a todos os hóspedes. “Co nacemento do primeiro fillo decateime que precisaba tempo para conciliar. A Cantaruxa Maruxa fixo posible a conciliación, facilitou moito os tempos. Agora estamos a rehabilitar a casa do lado, o antigo pendello para convertelo no noso fogar e estar aínda máis preto do servizo que ofrecemos aos hóspedes por se nos precisan”, explica Lorena Durán.
Ao pé do Castelo do Sobroso en territorio de Mondariz, A Cantaruxa Maruxa é petfriendly porque considera que as mascotas forman parte xa das unidades familiares e permite o acceso dos cans ás habitacións, ofrece un punto de carga para vehículos eléctricos e un amplo xardín no que gozar do aire libre. Nas súas cinco habitacións apostan por téxtiles de algodón puro, camas supletorias, berces e todo o que poida precisar a clientela. Deste xeito conxugan o benestar das visitas cos obxectivos de sostibilidade do aloxamento.
Sempre en disposición de aprender e incorporar novos servizos, A Cantaruxa Maruxa ofrece bonos, almorzos caseiros, lanza ofertas e mantén vivo un blog no que ofrecen actividades e propostas para o tempo de lecer.