Neste momento estás a ver Publicadas as Bases Reguladoras e a convocatoria das axudas Leader para proxectos que se desenvolvan no rural

Publicadas as Bases Reguladoras e a convocatoria das axudas Leader para proxectos que se desenvolvan no rural

As persoas físicas, empresas e entidades públicas ou privadas poderán beneficiarse destas axudas cuxo prazo de presentación de solicitudes será dun mes.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar no día de hoxe a Resolución pola que se publica o acordo do Consello de Dirección polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do PEPAC 2023 – 2027 e se anuncia a convocatoria para o 2025.

Estas axudas, por concurrencia competitiva, están dirixidas a persoas físicas, empresas e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan un proxecto en mente para levar a cabo no territorio de actuación do GDR Terra e Auga: Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto polo prazo dun mes e poderán ser subvencionables proxectos relacionados con actividades agrarias e non agrarias, así como servizos á poboación. As axudas poden chegar ata o 50% da inversión para os proxectos xeradores de actividade económica, cun límite de 75.000 € de axuda, e ata o 90 % para os proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro, cun límite de 35.000 € de axuda.

 

 

UNHA NOVIDADE NESTA CONVOCATORIA: O BONO ACTIVA RURAL

O Bono Activa Rural chega como novidade a esta convocatoria. Unha liña de axudas que está destinada a persoas físicas en situación de desemprego e que pretendan darse de alta nunha actividade económica non agraria.

Estas persoas competirán co resto dos proxectos xeradores de actividade económica presentados e baixo o mesmo criterio de baremación de proxectos, e poderán acadar unha axuda de ata 18:000 € co requisito de dar de alta a actividade e presentar un plan de empresa que se debe manter durante cinco anos.

O GDR Terra e Auga anima á veciñanza do territorio a informarse sobre as Axudas Leader na súa web www.gdrterraeauga.gal, onde poden atopar as Bases Reguladoras e os criterios de selección e baremación de proxectos, no teléfono 986 663 329 ou participando nas reunións informativas que están a celebrar polos concellos do territorio.