O GDR Terra e Auga licita a contratación da Execución das obras para o cambio de carpinteria e climatización na casa do conde de Salvaterra de Miño, vinculadas á actuación “Espazo Enogastronómico do Museo do viño” do Plan de Sustentabilidade en destino “Condado Paradanta Destino Enogastrónomico” no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU
O prazo para presentas as solicitudes remata 05 de maio 2025.
O obxectivo principal desta contratación é o cumprimento das seguintes funcións derivadas da execución das obras descritas e definidas no prego de prescricións técnicas, que recolle o proxecto aprobado pola consellería de Cultura da Xunta de Galicia e promovido polo concello de Salvaterra de Miño. Este proxecto reflicte as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato e os factores de todo orde a ter en conta. Este proxecto consta de cuantos documentos son esixidos no artigo 233 da LCSP contemplándose na súa elaboración o preceptuado no Libro II, Título I, Capítulo II, Sección 2ª do RGLCAP.
O valor estimado dos contratos de obras será determinado polo órgano de contratación tomando o importe total, sen incluír o IVE, pagadero segundo as súas estimacións. A este respecto, segundo o proxecto, o valor estimado do contrato ascende a oitenta e catro mil douscentos noventa e sete euros con cincuenta e dous céntimos (84.297,52 €) ive excluído. Pola súa banda, o orzamento base de licitación ascende á cantidade total de cento dous mil euros (102.000,00 €) que resultan da suma do importe base, que ascende oitenta e catro mil douscentos noventa e sete euros con cincuenta e dous céntimos (84.297,52 €) máis o importe correspondente ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), que é de dezasete mil setecentos dous con corenta e oito (17.702,48 €)
Este contrato ten a consideración de contrato administrativo de obras de conformidade co disposto nos arts 15 e 25 da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público.
O procedemento de adxudicación será o procedemento aberto, no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores, de acordo co artigo 156 da Lei 9/2017 de contratos do sector público.
A presente actuación está financiada no contesto do Plan de Sustentabilidade Turística en destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico, aprobado pola Resolución do 29 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se acorda a distribución dos créditos ás comunidades autónomas, e formalízanse os compromisos financeiros derivados do Acordo de Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro de 2022, polo que se fixan os criterios de distribución, así como a repartición resultante para as comunidades autónomas do crédito destinado ao financiamento de actuacións de investimento por parte de entidades locais no marco do Compoñente 14 Investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
A Secretaría de Estado de Turismo concedeulle a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga unha subvención por importe de 1.500.000,00 € para execución do Plan.