Neste momento estás a ver Proxecto Mixturando: Selección de persoal. Peón forestal.

Proxecto Mixturando: Selección de persoal. Peón forestal.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta- Terra e Auga seleccionará persoal para o proxecto “Novas estratexias de valorización do bosque mixto Atlántico en Asturias e Galicia-Mixturando”, que levará a cabo xunto ao GDR Limia-Arnoia, o GDR Camín Real da Mesa (Asturias) e a Universidade de Santiago de Compostela. Para iso está aberto o prazo de presentación de candidaturas para dous postos de peón forestal.


A iniciativa forma parte da convocatoria de proxectos transformadores para a promoción da
bioeconomía ligada ao ámbito forestal e á contribución á transición ecolóxica convocada  pola Fundación Biodiversidade, e conta cunha axuda de case 1,7 millóns de euros, o que supón un 95% do investimento total. No caso do GDR Terra e Auga, o importe da axuda recibida é de
512.028,22 € .


Para dar apoio ao equipo do GDR Terra e Auga, contratarase persoal cun contrato ata o 31 de decembro de 2025. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto para os dous  postos de peón forestal ata este venres, 20 de xaneiro 2025.


Mixturando conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU