O GDR Terra e Auga licita o servizo de asistencia técnica para o apoio ao GDR como ente xestor do plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Condado Paradanta destino enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – Next Generation Eu.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 11 de xaneiro de 2025.
O obxecto principal desta contratación é o cumprimento das seguintes funcións derivadas da execución dos PSTD:
- Impulsar as actuacións do PSTD
- Difundir os seus obxectivos.
- Avaliar as propostas de actuacións.
- Coordinar o Plan con outras actuacións que se poidan relacionar.
- Proporcionar asesoramento de execución e financiamento ao sector privado. Desenvolver o seguimento e avaliación do PSTD.
O valor estimado do contrato a executar nun ano é de 58.307,55 EUR. Este servizo consistirá na posta en marcha dunha asistencia técnica externa que asegura unha correcta coordinación, execución, seguimento e xustificación das diferentes actuacións contempladas. Articularase ao redor dun equipo de persoas con experiencia en planificación turística e xestión de fondos europeos, que supervisarán todo o proceso de implementación dos PSTD e implicarán a todo o ecosistema turístico do territorio de actuación da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, concretamente aos concellos do territorio.
Tarefas de asistencia
- Apoio técnico ao GDR Terra e Auga e ao resto das entidades implicadas na execución do PSTD (concellos participantes).
- Asesoramento aos axentes implicados na aplicación e implantación das accións do Plan de Sustentabilidade
- Redacción dos pregos administrativos e técnicos das diferentes actuacións a desenvolver, así como elaboración doutra documentación técnica tales como estudos técnicos e/o económicos.
- Colaborar na redacción do Informe técnico de avaliación das ofertas presentadas polo licitador para os procesos de contratación das diferentes actuacións do PSTD
- Colaborar coa dirección técnica dos diferentes proxectos en orde á coordinación dos mesmos.
- Realizar proposta de reinversión dos posibles remanentes xerados.
- Realizar un seguimento completo do plan de traballo e comprobar o cumprimento do calendario de execución, tomando medidas preventivas ante posibles incumprimentos do mesmo que foran predicibles.
- Vixiar a execución do Plan de acordo con o planificado e o cumprimento dos prazos
- Asegurar a calidade dos traballos e detección de posibles desviacións na execución e proposta de medidas correctoras
Tarefas de seguimento e xustificación administrativa PSTD
- Poñer en marcha un sistema de seguimento e avaliación que permita avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos definidos no PSTD
- Deseñar un cadro de mando integral, cun único interlocutor coa xerencia do PSTD
- Render contas da execución do PSTD
- Realizar a xustificación do PSTD mediante a recompilación e preparación da documentación necesaria para facelo.
- Aplicar as medidas antifraude.
- Elaboración das memorias anuais de execución e xustificación da execución do PSTD.
- Coordinar o sistema de seguimento e avaliación do PSTD, así como a valoración da evolución dos resultados.
- Apoio na supervisión do sistema de contabilidade diferenciada dos proxectos.
- Asesoramento continuado para garantir o cumprimento da normativa aplicable e dos deberes esixidos na correcta execución do PSTD.
- Con carácter xeral, dar soporte de asistencia técnica xeral á Xerencia do GDR Terra e Auga no cumprimento de todos os deberes estipulados na normativa da convocatoria dos Plans de Sustentabilidade e na normativa de execución do PRTR.
- Facer, como mínimo, 4 xornadas presenciais de presentación da execución e seguimento do PSTD.
Tarefas de comunicación e participación PSTD
- Dar publicidade ao cumprimento dos obxectivos do PSTD. O adxudicatario comprométese a realizar presentacións públicas dos resultados de execución e seguimento dos PSTD, polo menos una por anualidade
- Darlle publicidade ás actuacións do PSTD entre os diferentes grupos de interese do ecosistema turístico do territorio.
- Deseñar e producir material divulgativo do PSTD, ata un máximo do 3% do importe de adxudicación do contrato, sobre as actuacións realizadas e a realizar, os obxectivos para alcanzar.
- Asesorar ao GDR sobre os deberes para cumprir en materia de información e comunicación sobre as axudas procedentes dos fondos Next Generation.
- Configurar e coordinar o grupo de traballo permanente que impulse as actuacións do PSTD e que ver pola súa correcta execución e desenvolvemento.
- Convocar as mesas ou grupos de traballo que se poidan crear para executar as diferentes accións do PSTD, preparar documentos técnicos necesarios e trasladar os acordos adoptados ao ente xestor.
- Convocar as reunións de seguimento que sexan necesarias como ferramenta de análise e control da execución do PSTD.
- Promover a participación de todos os grupos de interese vinculados co PSTD, desde axentes do sector turístico ata a cidadanía local.
- Asesorar en materia de igualdade ao redor da execución dos PSTD.