Neste momento estás a ver 50 empresas con distintivo SICTED no xeodestino Terras do Condado Paradanta

50 empresas con distintivo SICTED no xeodestino Terras do Condado Paradanta

A Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), promotora do selo de calidade SICTED, vén de confirmar a concesión deste distintivo a 50 empresas do sector turístico no xeodestino Terras do Condado Paradanta. Este programa é xestionado no territorio polo GDR Terra e Auga.

O SICTED é un proxecto que busca mellorar a calidade dos destinos turísticos, traballando con servizos de ata 37 oficios diferentes, co obxectivo de optimizar a experiencia e satisfacción do turista.

Entre as ferramentas ofrecidas polo programa, inclúense 37 manuais de boas prácticas, un para cada oficio. Os servizos turísticos adheridos teñen acceso a un plan de formación, visitas de asistencia técnica por parte de asesores homologados, talleres colectivos e grupos de traballo encargados de desenvolver propostas de mellora para o destino. Ademais, realízanse avaliacións que contrastan a adecuación dos servizos aos estándares de calidade. Todo isto culmina na obtención do distintivo “Compromiso de Calidade Turística”.

Este certificado acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metodoloxía SICTED, recoñecendo o esforzo e compromiso das empresas coa calidade e a mellora continua, ao tempo que as distingue fronte á competencia. O selo ten validez bienal, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento. As empresas distinguidas deben aplicar as normas de identidade visual dispoñibles na plataforma SICTED.

Entidades SICTED no territorio

No xeodestino Terras do Condado Paradanta, onde o programa SICTED é xestionado polo GDR, xa están certificadas 50 entidades: