Neste momento estás a ver O Hotel da natureza Nande, dinamiza o rural dende As Neves

O Hotel da natureza Nande, dinamiza o rural dende As Neves

O Hotel da natureza Nande, abriu as súas portas en 2018 en As Neves, co obxectivo de completar os servizos da Adega Señorío de Rubiós, entidade propietaria do hotel e situada ao carón das instalacións turísticas.

Coa intención de crear un proxecto de enoturismo, en 2017 a iniciativa recibiu o apoio do programa LEADER cunha axuda de 200.000€,  que permitiu a mobilización dun orzamento total aproximado de 800.000€.

Rodeado de natura, viñedos e 7.000 metros cadrados de horta, o Hotel da natureza Nande conta con doce habitacións inspiradas en nomes de variedades de uva tinta e branca. Ademais, as instalacións tamén dispoñen de piscina, spa, jacuzzis e unha fica de 52.000 metros cadrados accesible na súa totalidade. Seis comedores independentes e unha grella de gran capacidade completan una oferta atractiva para os potenciales visitantes e tamén para os centos de hóspedes que xa gozaron dunha experiencia singular en plena natureza do territorio Terras do Condado Paradanta.

A esencia de Hotel da natureza Nande

Conscientes da importancia de promover o xeodestino e unha experiencia turística máis respectuosa coa contorna, a dirección do hotel apoia o consumo de proximidade ofrecendo, entre outras delicatessen da zona, o requeixo con mel e noces das Neves.

A esencia de Hotel Nande é a natureza e o benestar que ofrece o rural, polo que  procuran establecer alianzas con outras entidades do territorio que permitan ofrecer un servizo coherente e de calidade. Nesta liña colaboran en diferentes iniciativas co GDR Terra e Auga a través do cal participaron no programa de calidade turística e acadaron o certificado SICTED.

Axudas

Para  propitaro de Hotel da Natueraza, Antonio Méndez os apoios económicos son importantes pero advirte que “non se pode pensar que os cartos das subvencións son ingresos, hai que pensar que son extras para investir en melloras”. Considera moito máis útil establecer colaboracións e unir esforzos en promover o territorio e en non deixar de ofrecer todo o que as persoas precisen para darlle unha oportunidade ao Condado Paradanta e Salceda de Caselas e, sobre todo, que se fidelicen cos servizos que ofrecen.

Hotel da natureza Nande

Hotel da natureza Nande Hotel da natureza Nande