A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas.
A convocatoria, para o ano 2024, realizase no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGeneration.
O prazo para solicitar as axudas é de un mes a contar a partir do 7 de marzo de 2024.
- Consulta as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas.
- Outras axudas