O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta mobilizará máis de novecentos mil euros no territorio, a través do programa de axudas LEADER 2014 -2020 na convocatoria 2023-2024.
A iniciativa, que está cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia, fondos Feader e a Administración xeral do Estado, xestionase a través do GDR da zona, co obxectivo apoiar a aqueles proxectos que avancen no desenvolvemento local.
A entidade supramunicipal tramitou ata un total de 25 solicitudes, entre proxectos produtivos e iniciativas non produtivas. Das que se aprobaron un total de sete e outras oito quedaron en lista de agarda.
Expedientes produtivos
Das actuacións de ámbito empresarial destinadas á producir bens e/ou servizos os catro proxectos aprobados suman un investimento total de 779.459,79€ e un importe de axudas conxunto valorado en 229.419,17€.
Os proxectos inicialmente aprobados nesta categoría son a Pensión cabañas A Devesa, Casa de labranza en a aldea, Barcela; a instalación de secadoiro para deshidratación de gallinacea e outros residuos agroindustrais locais, e a Nave ampliación de Silvareira Servicios Forestais, S.L.
Admeais, consolidaranse un total de 34,14 empregos e crearanse 4,5 novos postos de traballo.
Expedientes non produtivos
Os proxectos privados que non se poden destinar á venda, contan cun investimento global de 128.712,75€ e o valor total das axudas ascende a 76.728,76€.
Os fondos serán destinados á actualización e modernización da divulgación do recursos patrimoniais e culturais de Taboexa; a mellora social con pista polideportiva na parroquia de Meirol, e ao equipamento para a posta en marcha dun centro de Atención Diúrna Terapéutica para persoas con discapacidade.
Metodoloxía LEADER
As axudas LEADER deben estar aliñadas coa Estratexia de Desenvolvemento Local de cada GDR, que se deseña en base a unha metodoloxía ascende (de abaixo cara arriba) que recolle a información recadada nun proceso participativo, no que a propia cidadanía de cada territorio suxire as liñas de desenvolvemento que a súa zona debería seguir.
Neste senso, o anterior significa que a Estratexia de Desenvolvemento rural Participativa deséñase tento en conta a opinión e as necesidades manifestadas pola comunidade local, o que garante a idoneidade das liñas estratéxicas.