Durante o mes de outubro, o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) condado Paradanta posicionase como un xeodestino, referente en oferta turística internacional, poñendo en valor os seus recursos termais, paisaxísticos e culturais a través de diversas iniciativas promovidas polo ente supramunicipal.
Con motivo do Día Europeo do Patrimonio Termal, do 11 ao 13 de outubro, Mondariz Balneario albergou un programa repleto de actividades entre as que destacaron diferentes conferencias de expertos nacionais e internacionais e visitas guiadas por diversos puntos de interese patrimonial e de desenvolvemento da zona.
O evento, que contou coa participación de máis de 100 persoas, estivo organizado polo GDR Condado Paradanta e a Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) en colaboración co Concello de Modariz Balneario, Balneario de Mondariz e de Augas de Mondariz.
As persoas participantes, a demais de asistir a diversos relatorios relacionados co patrimonio termal a nivel mundial, tamén tiveron a oportunidade de coñecer en detalle a historia da fonte de Troncoso o Castro de Troña, as augas de Sabaxáns e o invernadoiro e xardíns do Gran Hotel de Balneario Mondariz. No último día, 13 de outubro, visitaron unha das empresas máis representativas do desenvolvemento territorial como Augas de Mondariz, a coñeceron parte da tradición pesqueira e vitivinícola no museo Arabo, Centro de Interpretación do Viñoo e a Lamprea, e na adega Señorío de Rubiós.
Visitas inmersivas
Como actividade complementaria, o GDR Condado Paradanta elaborou un programa de visitas inmersivas nos xardíns do Gran Hotel, no que durante dous días, máis de 60 veciños e veciñas do territorio se caracterizaron dos anos 20 para recrear o ambiente de ocio que se vivía na vila termal durante a súa época dourada.
Unha gran afluencia de público achegouse ata Mondariz Balneario para gozar de música en directo, unha terraza con servizo de bar e das interpretacións esporádicas que reviviron á persoas históricas e relevantes para a vila como foron Emilia Pardo Bazán, Ramón Cabanillas e Enrique Peinador.
Roteiros dez
Ademais da oferta cultural e termal, o GDR puxo en marcha o domingo, 15 de outubro, Roteiros Dez, unha proposta innovadora que busca ofertar un roteiro guiado por cada un dos concellos que forman parte da Asociación e complementalo cunha experiencia.
O programa, guiado por Julio Eiroa, inaugurouse coa ruta á Poza Piñeiro e a gandería Sesteiro, no concello de Covelo, completando o aforo dispoñible de 25 prazas.
A iniciativa á de balde para os visitantes e require inscrición previa.