Neste momento estás a ver Máis de cen persoas asisten ao congreso de expertos do Día Europeo do Patrimonio Termal

Máis de cen persoas asisten ao congreso de expertos do Día Europeo do Patrimonio Termal

Máis de cen persoas participaron no congreso de expertos organizado polo GDR Condado Paradanta en colaboración coa  Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) con motivo da celebración da VI Xornada Europea de Patrimonio Termal. César Gil, alcalde de Mondariz Balneario; Víctor Leal, vicepresidente de EHTTA; Ricardo Fuciños, director de Balneario de Mondariz; Paul Simons, asesor GSTE; Giuseppe Bellandi, ex alcalde de Montecatini Terme y expresidente de la EHTTA; o presidente do GDR Condado Paradanta, Pablo Castillo e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, foron os ecargados da apertura do acto salientando a importancia do encontro que posiciona ás terras do Condado e da Paradanta como o epicentro do Día Europeo do Patrimonio Termal.

O presidente da Deputación, Luís López, calificou as propiedades termais das augas destas comarcas como “a xoia da coroa que se suma a un territorio rico en gastronomía, paisaxe e historia”.

Pola súa banda, o presidente do GDR, Pablo Castillo, salientou o importante papel dos Grupos de Acción Local como promotores do desenvolvemento socioeconómico dos territorios rurais de Europa que, na actualidade, traballan para o 61% da poboación rural da Unión Europea. En colaboración coas nosas autoridades de xestión, Xunta de Galicia e o programa europeo LEADER, financiamos proxectos ao noso tecido empresarial e social favorecendo a creación de emprego e a dotación de servizos, á vez que contribuímos a fixar poboación”.

César Gil, alcalde de Mondariz Balneario, agradeceu á EHTTA ter elexido a súa vila supondo unha oportunidade para aprender doutras experiencias de vilas termais e adiantou os dous principais retos que afronta; a recuperación do turismo provinte de Portual e a rehabilitación e recuperación de edificios históricos que sumarán valor ao conxunto.

No salón Infanta Isabel do complexo hoteleiro Balneario de Mondariz Mario Crecente, arquitecto experto en patrimonio e presidente do comité científico da EHTTA, encabezou o turno de intervencións cunha ponencia na que destacou o alto valor do conxunto urbano de Mondariz Balneario que nos seus anos dourados foi capaz de ofrecer cultura, servizos, industria dende un recuncho do rural. Jorge Mangorrinha do Centro de Estudos Globais da Universidade Aberta (Portugal) insistíu na necesidade actual da posta en valor do patrimonio como recurso turístico e explicou o seu proxecto para a cidade portuguesa de Caldas da Rainha. Para Anne Pirard, Site Manager Spa (Bélgica), Patrimonio de la Humanidad, Grandes Ciudades Termales de Europa, faise necesario recuperar o “fenómeno dos spas europeos que acadaron a súa máxima expresión entre os anos 1700 e o 1930 atraendo ao turismo polos seus beneficios curativos, terapéuticos, de descanso e de saúde”.

Por videoconferencia intervíu Samantha Bosshart, directora ejecutiva, Saratoga Springs Preserva Ron Foundation e Álvaro Bonet, experto na figura de Antonio Palacios que  reflexionaron arredor de termalismo afondando no pasado e proxectando o futuro. O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, clausurou o congreso celebrando que no día de hoxe Mondariz Balneario e as terras do Condado e da Paradanta se proxecten novamente ao panorama internacional e lembrou o ano 1999 no que se celebrou o I Congreso Galego de Termalismo. Para Merelles o termalismo é clave na política de desestacionalización da Xunta de Galicia e salientou os datos recollidos no ano pasado no que o termalismo xerou 150.000 visitas e medio millóns de noites, cun gasto medio de 100€ diarios duplicando o gasto medio xeral do resto do sector turístico.

Ao remate do congreso, a praza de abastos de Mondariz Balneario acolleu unha romaría e unha feira gastronómica na que a vila portuguesa de Caldas da Rainha estivo como convidad especial. A seguir, o técnico de turismo e guía oficial de Galicia, Valentín Verea, fixo un percorrido didáctico pola paisaxe terapéutica de Mondariz Balneario.

Mañá xoves día 12 estudarase a fonte de Troncoso; o Castro de Troña, en Ponteareas, co arqueólogo Hidalgo Cuñarro; a fonte de augas sulfurosas de Sabaxáns en Mondariz; o invernadoiro e xardíns do antigo hotel co arquitecto e paisaxista Gaspar Bernárdez e culminará esta xornada a visita inmersiva e teatralizada “Vida Social no Balneario de Mondariz 1920”, unha posta en escena destes anos dourados na que a veciñanza de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas se transformará en extras. Coordinados pola produtora experta en visitas teatralizadas, EscénaTe, nesta tarde de xoves mergullaranse nos anos 20 e nos xardíns do balneario escoitarase música en directo, haberá servizo de bar na terraza que montará o CIT (Centro de Iniciativas Turísticas de Mondariz Balneario) e serán testemuñas de interpretacións esporádicas nas que revivirán Emilia Pardo Bazán, Ramón Cabanillas ou o propio Enrique Peinador.  O GDR convida a toda a cidadanía a participar neste paseo que transportará a aqueles anos de esplendor termal e cultural. Un espectáculo aberto ao público que volverá na tarde do sábado día 14 e na mañá do domingo día 15.

Pero ademais das visitas inmersivas nas que recrearse no pasado dun xeito lúdico e didáctico tamén haberá workshops con célebres figuras da arquitectura como César Portela que explicará a rehabilitación da fonte de Troncoso durante a xornada do día 12 na que tamén se celebrará unha romaria cunha feria gastronómica que terá como convidada especial a vila portuguesa de Caldas da Rainha.

Augas produtivas, terra de viño e coñecemento

As visitas, froito do convenio entre o GDR Condado Paradanta e Turismo de Galicia, continuarán o venres día 13 salientando a riqueza destas terras capaces de producir os mellores viños do mundo pero tamén do interese das súas xentes polo coñecemento científico e espírito emprendedor capaz de obter o mellor do noso territorio. A primeira visita será á planta embotelladora de Aguas de Mondariz da man de Alberto Cabadas, director da planta. A continuación, porase rumbo ao Centro de Interpretación do Alto Tea nos Carranos, Covelo, a maior xoia viva da industria dos anos 20; despois desprazaranse ao concello de Arbo para visitar Arabo -Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, un museo interactivo no que aprender sobre os viños da D.O  “Rías Baixas” da sub-área Condado de Tea e sobre a saborosa lamprea das augas o pai Miño. Ao remate visitarase unha adega local na que coñecer os caldos da zona. Pola tarde continuarán as visitas, esta vez ao Concello de Salvaterra de Miño, ao espazo termal de Teáns.