COOPERACIÓN LEADER
Mobilización de terras agrarias

VIÑO E FROITA

  • Viño e froita. Cooperación Leader

    Viño e froita

    QUE É?

    Viño e froita é un proxecto de cooperación Leader promovido polo GDR Condado Paradanta e o GDR Mariñas Betanzos, que está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia, fondos Feader e a Administración Xeral do Estado
  • Viño e froita. Cooperación Leader

    Viño e froita

    CAL É A SÚA FINALIDADE?

    O seu obxectivo principal é contribuír e favorecer a ordenación do territorio, o aproveitamento das terras agrarias abandonadas e a mitigación dos danos causados por pragas, todo elo enmarcado nos sectores vitivinícola e frutícola dos territorios de actuación dos Grupos de Desenvolvemento Rural promotores.
  • Viño e froita. Cooperación Leader

    Viño e froita

    POR QUE VIÑO E FROITA?

    Porque o sector vitivinícola é un dos sectores máis dinámicos do rural galego, capaz de crear as máis fortes relacións entre agricultura, patrimonio, paisaxe, cultura e turismo. Mostra do anterior é que Galicia conta con cinco Denominacións de Orixe (D.O.P), entre as que se atopa a D.O Rías Baixas, dentro da cal se enmarca a zona do GDR Condado Paradanta. Tamén existen catro Indicacións Xeográficas Protexidas (I.X.P), sendo a do Viño de Bentanzos a que ocupa este proxecto. Ademais, territorios como os que competen a esta iniciativa, que teñen boas aptitudes e tradición no sector frutícola queren estudar novas posibilidades de emprendemento relacionado coa froita.
  • Viño e froita. Cooperación Leader

    Viño e froita

    QUEN PARTICIPA?

    Ademais do GDR Condado Paradanta e o GDR Mariñas Betanzos, participarán como entidades colaboradoras outras organizacións, públicas e privadas, que poidan ter interese no mesmo. No territorio do GDR Mariñas Betanzos, colaborará o Concello de Paderne; e no do GDR Condado Paradanta, serán os concellos de A Cañiza, As Neves, Covelo, Mondariz e o concello de Salvaterra de Miño. Con todo, durante o desenvolvemento do proxecto, procurarase a incorporación do sector empresarial vinculado o ámbito Viño e Froita, como poden ser produtores, adegas, empresas transformadoras, comercializadoras, etc.

AS LIÑAS DE ACTUACIÓN:

  • Elaboración dun estudo básico das posibilidades de crecemento das explotacións así como das zonas máis aptas para implementar algún instrumento da Lei de Recuperación da Terra Agraria. Elaboración de información xeográfica (SIX).
  • Estima de danos provocados por V. Velutina en viñedos.
  • Valoración do impacto potencial de V. Velutina en distintas zonas vitícolas.
  • Protección física das vides fronte a danos por avespas e paxaros e protección dos viñedos fronte as aves e xabarís a través de dispositivos e cultivos disusarios e o uso de
    valados.
  • Detección de niños de V. Velutina e trampeo  primaveral no perímetro do viñedo.
  • Trampeo de V. Velutina no viñedo traso envero.
  • Identificación de cultivos alternativos para os territorios, deseño de plans de empresa e posible campo de ensaio.
    • Identificación de cítricos no Condado Paradanta.
    • Identificación da mazá no GDR Mariñas Betanzos.
  • Xornadas divulgativas e formativas entre os sectores e a veciñanza.
  • Elaboración de guías.