Blog
EN QUE CONSISTE?
Ofrécese a visita á primeira das leiras de Adega Corisca, certificadas en produción ecolóxica, onde se sitúa o Pazo familiar de 1.713. Explicaremos a súa historia, percorreremos o seu viñedo e achegarémonos ata as construcións típicas dun pazo de mais de 200 anos de antigüidade: o seu lavadoiro con cuberta octogonal de madeira, o seu muíño propio e singular, o seu acueduto propio e torreón de auga catalogada por Patrimonio.
Visitaremos o pequeno museo situado no que foi a antiga adega do Pazo, onde se verán as ferramentas que se usaban para cultivar a terra. Percorreremos o seu magnifico xardín e baixo o centenario magnolio faremos a cata de tres viños ecolóxicos: Unha cata vertical do noso viño Corisca, en dúas anadas diferentes e así mesmo degustaremos noso outro viño Corisca Finca Muiño que se obtén exclusivamente da leira do pazo.
Todo iso acompañado dunha empanada de millo de zamburiñas con algas, elaborado por unha empresa local de maneira artesanal e outros petiscos de produtores galegos e ecolóxicos.
Ofrécese así mesmo un bono- desconto, para a compra dunha caixiña dun pack picnic, que leva empanadillas variadas da empresa Vioncas Bake con botella de viño Corisca.
Duración aproximada 2 horas
CONDICIÓNS
Cando?
Excluído en tempo de vendima
Luns a venres.
Horario 12:00 y 18:00
Participantes
Mínimo catro persoas
PREZO
20€ por persoa.
RESERVA
Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con dous días de antelación.
A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.
