EN QUE CONSISTE?

Consiste en ofrecer aos visitantes a oportunidade de coñecer un viñedo de uva albariño localizado na única adega con DO Rías Baixas no Concello de Ponteareas. Para diferencialo de experiencias noutras adegas, o enfoque será máis cara á viticultura que cara á elaboración do viño albariño propiamente dito, incluíndo a historia dunha pequena adega familiar como é Adega Rubén e as características do viñedo.

 

Inclúe cata do albariño Vila do Corpus, marca producida pola adega, acompañada duns petiscos e a oferta do viño a un prezo moi especial, a partir de 2 botellas, con un pequeno obsequio / lembranza incluído no lote

 

O roteiro para levar aos clientes pode – opcionalmente – incluír un percorrido por puntos de interese na zona, como o monte da Picaraña, a Pedra do Equilibro e o Castelo de Vilasobroso. A xestión estará a cargo de Vinosobroso.

CONDICIÓNS

Cando?

 

Dispoñible de Martes a Sábados con dous horarios:

Na mañá de 11:30 a 13:30 e tarde de 16:30 a 18:30. Domingo dispoñible só en horario da mañá

Suxeito a confirmación da dispoñibilidade da adega, condicións meteorolóxicas e número mínimo de participantes interesados na mesma opción en cada quenda.

 

Participantes

 

Mínimo catro e máximo oito

 

PREZO

  • Opción A – Visita ao viñedo da Adega Ruben.  8 € por persoa para portadores do pasaporte e os seus respectivos acompañantes aloxados na nosa casa rural. 8€ para no portadores do PCP.
  • Opción B – Visita ao viñedo da Adega Ruben cun percorrido previo por puntos de interese turístico: Castelo de Vilasobroso, Monte a Picaraña e Pena do Equilibrio. 10 € por persoa para portadores do pasaporte e os seus respectivos acompañantes aloxados na casa rural. Esta opción es exclusiva para portadores do PCP.

RESERVA

Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con 24 horas de antelación

 

A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.