Blog
EN QUE CONSISTE?
A nosa proposta desde Nande hotel da Natureza engloba a estadía dunha noite nunha das nosas doce habitacións con almorzo á carta incluído para dúas persoas. Igualmente, e de xeito exclusivo para a clientela que acuda co Pasaporte ao Condado Paradanta, terá a posibilidade de realizar unha das seguintes actividades:
- Unha visita guiada a horta ecolóxica:
Coa fin de descubrir todos os produtos existentes na nosa horta e as súas particularidades nun itinerario guiado e explicativo sobre multitude de detalles e con intención de coñecer os beneficios da agricultura e da alimentación ecolóxica propoñemos unha actividade animada ao mesmo tempo que percibimos o recendo e os sabores dunha horta sostible e perfectamente coidada.
- Unha visita cultural e patrimonial desde o mesmo hotel:
Coñeceremos o Castro de Altamira, o antigo poboado castrexo onde foron recuperados obxectos de valor e relacionados coa época romana, e a ermida dedicada a San Bartolomé, a carón do castro. É moi axeitada para quen teña interese polos descubrimentos históricos e levará uns 15/20 minutos de paseo desde o hotel.
En época estival, poderase gozar da piscina exterior sen custo adicional aloxándose en calquera das nosas habitacións. Ademais, o hotel ofrece servizos de bar, restaurante, salón compartido e, proximamente, SPA. É un establecemento completamente accesible e adaptado.
CONDICIÓNS
Todas as habitacións estándar (Mencía, Castañal, Sousón, Loureira Branca, Godello, Espadeiro, Caíño, Brancellao e Pedral) están completamente equipadas; dispoñen de Wi-Fi, aire acondicionado, caixa forte, neveira, televisión e baño privado.
Por outro lado, existen dúas habitacións superiores dispoñibles (Albariño e Treixadura), as cales se diferencian, ademais, por dispor dunha terraza cuberta e exclusiva para os seus ocupantes e unha bañeira hidromasaxe. A nosa Suite Loureira Branca dispón dunha bañeira ao lado da cama, un salón anexo e un baño privado. Estas tres habitacións inclúen un suplemento no pago sobre a tarifa estándar.
Cando?
Todo o ano.
Participantes
Segundo dispoñibilidade
PREZO
Solicitar tarifas vixentes a través do teléfono: +34886164836 ou mediante correo electrónico: info@nandehotel.com
RESERVA
Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con tres días de antelación, durante todo o período de vixencia do PCP
A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.
