Ca rehabilitación deste inmoble e a súa contorna búscase a posta en marcha dun establecemento hoteleiro atractivo para os visitantes, entre outras cousas polas súas características arquitectónicas.
Estará dotada de seis habitacións, unha galería e un salón para banquetes e reunións. O pazo conta tamén cunha antiga bodega que será recuperada ca finalidade de realizar catas na mesma.