Acción enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU
Licitación da actuación “Reverdecendo” – Acondicionamento e sinalización dunha ruta nas Neves
Tipo de contrato:
- Contrato administrativo de obras.
- Procedemento aberto simplificado abreviado.
- Tramitación urxente.
Obxecto:
- Execución das obras de acondicionamento e sinalización dunha ruta no Concello das Neves.
- Actuación integrada no proxecto “Reverdecendo” do PSTD Condado Paradanta Destino Enogastronómico.
- Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU no marco do PRTR.
Actuacións principais:
- Instalación de sinalización direccional e informativa.
- Mellora da accesibilidade e seguimento da ruta.
- Limpeza e acondicionamento dos distintos tramos do percorrido.
- Traballos manuais e mecánicos para garantir a transitabilidade.
- Actuacións de seguridade e conservación do roteiro.
- Pavimentación e mellora de camiños peonís.
Códigos CPV:
- 45233160 – Camiños e outras superficies empedradas.
- 45233161 – Traballos de construción de camiños peonís.
- 45233523 – Traballos de pavimentación de camiños peonís.
Necesidades a satisfacer:
- Mellora da accesibilidade e seguridade da ruta.
- Valorización turística dos recursos naturais e patrimoniais.
- Impulso do turismo sostible no territorio Condado Paradanta.
- Conservación e acondicionamento do percorrido turístico.
- Dinamización económica e turística do municipio das Neves.
- Mellora da experiencia dos visitantes e usuarios da ruta.
Insuficiencia de medios:
- A entidade non dispón de medios materiais, técnicos nin persoal especializado suficientes.
- A execución require maquinaria e medios auxiliares específicos.
- Necesidade de persoal cualificado para obras de acondicionamento e sinalización.
- A contratación externa resulta imprescindible para garantir a correcta execución das actuacións.
Valor estimado:
- 52.806,23 € (IVE excluído).
- 63.895,53 € (IVE incluído).
Solvencia requirida:
Económica e financeira:
- Volume anual de negocio ≥ importe medio anual do contrato nos 3 últimos exercicios.
- Seguro de responsabilidade profesional mínimo: 300.000 € (ou compromiso de subscrición).
Técnica:
- Relación de obras similares executadas nos últimos 5 anos.
- Importe anual máximo executado ≥ 70 % do valor do contrato.
- Acreditación mediante certificados de boa execución ou documentación equivalente.
- Empresas de nova creación: acreditación de maquinaria, medios materiais e equipo técnico dispoñible.
Criterios de adxudicación (ata 60 puntos):
- Oferta económica: ata 40 puntos.
- Ampliación do prazo de garantía: ata 10 puntos.
- Redución do prazo de execución: ata 10 puntos.
Criterios de redución de prazo:
- Redución ≥ 15 días: 10 puntos.
- Redución entre 10 e 15 días: 5 puntos.
- Redución entre 2 e 10 días: 2 puntos.
- Sen redución ou redución dun día: 0 puntos.
Prazo de execución:
- O 30 de xuño de 2026
Financiamento
Financiado ao 100 % polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) – NextGenerationEU. Compoñente 14, Investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). Integrado no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”. Actuación 4 do Eixe 2: “REVERDECENDO”. Fondos transferidos pola Axencia Turismo de Galicia á Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga.
