Acción enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU
Licitación para a modernización da Vinoteca Arabo (Arbo)
Tipo de contrato:
- Contrato administrativo mixto (principalmente subministración, con prestacións accesorias de obras).
- Procedemento aberto simplificado.
- Tramitación urxente.
Obxecto:
- Execución das obras e subministración para a modernización do Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea (Vinoteca Arabo).
- Subministración e instalación de elementos museográficos, mobiliario técnico e equipamentos audiovisuais.
- Produción de contidos audiovisuais e adaptación de contidos expositivos.
- Adecuación integral do espazo (obra, iluminación, gráfica e instalacións).
Actuacións principais:
- Adecuación de espazos interiores (demolición, pavimentos, pintura).
- Instalación de iluminación técnica e melloras eléctricas.
- Traballos exteriores (bancos, atrís, retirada de elementos obsoletos).
- Dotación de mobiliario técnico e museográfico.
- Instalación de equipamentos audiovisuais (pantallas, proxectores, sistemas BrightSign).
- Produción de contidos audiovisuais (viño e lamprea).
- Renovación gráfica e sinalización.
- Xestión integral de contidos (incluíndo traducións e dereitos de imaxe).
Necesidades a satisfacer:
- Renovación integral da museografía e modernización tecnolóxica do centro.
- Mellora da experiencia interpretativa e expositiva do visitante.
- Adaptación do espazo a estándares actuais de accesibilidade e calidade turística.
- Dispor dun sistema “chave en man” que integre deseño, execución e instalación.
Insuficiencia de medios:
- A entidade promotora carece de medios técnicos, materiais e persoal cualificado para executar directamente as actuacións.
Valor estimado:
- 134.311,73 € (IVE excluído)
- 162.517,19 € (IVE incluído)
Solvencia requirida:
- Económica e financeira:
- Volume anual de negocio igual ou superior ao importe medio anual do contrato (mellor exercicio dos últimos 3 anos).
- Seguro de responsabilidade profesional mínimo: 300.000 € (ou compromiso de subscrición).
- Técnica:
- Relación de subministracións similares nos últimos 5 anos.
- Importe acumulado no ano de maior execución ≥ 70 % do valor do contrato.
- Consideraranse válidos proxectos de museografía, mobiliario técnico ou equipamentos audiovisuais.
Criterios de adxudicación (100 puntos):
- Oferta económica: ata 30 puntos.
- Redución de prazos: ata 20 puntos.
- ≥15 días: 10 puntos
- 8–14 días: 6 puntos
- 1–7 días: 4 puntos
- Ampliación da garantía: ata 10 puntos (sobre mínimo de 12 meses).
- Total: criterios automáticos baseados na mellor relación calidade-prezo.
Criterios de desempate:
- Menor prezo ofertado.
- Maior número de persoas con discapacidade no cadro de persoal.
Prazo de execución:
- Determinado no contrato, con posibilidade de mellora mediante redución ofertada polos licitadores.
Indivisible:
- A integración de obra, subministración, museografía e tecnoloxía require unha execución coordinada.
- A división en lotes dificultaría a correcta execución técnica do proxecto.
Financiamento
O contrato finánciase na súa totalidade con fondos europeos provenientes do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR) do Plan NextGeneration-EU, en concreto, con cargo ao orzamento adxudicado á submedida 2 do investimento 1 do Plan de Modernización e Competitividade do Sector Turístico, compoñente 14 do PRTR. Concretamente, o gasto correspondente ao contrato impútase ás seguintes actuacións contempladas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado-Paradanta Destino Enogastronómico, incluído no Acordo de Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro de 2022 no marco do compoñente 14 investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia:
- Actuación 2 do 4. Vinoteca Arabo
A totalidade das súas obrigacións económicas abonaranse con cargo aos fondos transferidos ao GDR pola Axencia de Turismo de Galicia para a execución das actuacións contempladas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico.
