O GDR Terra e Auga organiza un curso de resinación de piñeiros no monte comunal de Toutón (Mondariz) entre do 20 ao 24 de outubro de 2025
O GDR Terra e Auga dentro da intervención Leader no marco da PEPAC 23 – 27, organiza un curso de resinación de piñeiros en Toutón no Concello de Mondariz e en colaboración coa CMVMC de Toutón.
O curso “Técnicas de resinación de montes de piñeiro galego” cunha duración de 20 horas que se realizará entre o luns 20 de outubro e o venres 24 de outubro en horario de 16:00 a 20:00.
As clases estarán divididas en 10h de contidos teóricos e 10h de contidos prácticos. Os contidos son:
- Técnicas de repoboado, entresacas, clareos, podas, técnica de corta por huroneo e aclareo sucesivo.
- Desbroces e limpeza dos montes en prevención contra os incendios forestais
- Manexo e adaptación dos montes ao cambio climático
- Prevención de incendios forestais, seguridade e saúde nas operacións de extracción de resinas e no manexo dos equipos de extracción.
- Xestión previa dos montes resineros.
- Tipos de montes e titularidade
- Historia da extracción resinera e técnicas de extracción.
- Extracción da resina dos montes e transporte
- Tipos de estimulantes empregados na extracción
- Comercio dos derivados das resinas naturais
PRAZAS LIMITADAS A 15 PERSOAS ALUMNAS