ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS 2025

VENRES 26 DE SETEMBRO DE 2025 - 20:00H - SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DA CAÑIZA

A Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta Terra e Auga convoca ás entidades asociadas á celebración da Asemblea Xeral de Socios do ano 2025. 

As 20:00h, en segunda convocatoria, celebraráse a sesión ordinaria. Ao remate da mesma terá lugar a sesión extraordinaria para a elección da nova Xunta Directiva da Asociación. 

INFORMACIÓN ÁS ENTIDADES SOCIAS:

A actual Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, segundo documento que se xunta, convoca para o día 26 de setembro ás 21.00 horas en primeira convocatoria e ás 21.30 h en segunda convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria para, entre outros puntos, a elección dunha nova Xunta Directiva.

A composición da Xunta Directiva está formada por 21 membros, que segundo o número de entidades asociadas na actualidade por mesas sectoriais serán da seguinte forma:

Mesa sectorial 1: As asociacións de mulleres

            Entidades asociadas: 3

            Representantes en Xunta Directiva: 1

 Mesa sectorial 2: As asociacións de mozos

Entidades asociadas: 1

            Representantes en Xunta Directiva: 1

 Mesa sectorial 3: As asociacións de acción social

Entidades asociadas: 8

            Representantes en Xunta Directiva: 1

Mesa sectorial 4. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do medioambiente

Entidades asociadas: 4

            Representantes en Xunta Directiva: 1

 Mesa sectorial 5. As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións profesionais agrarias

Entidades asociadas: 5

            Representantes en Xunta Directiva: 1

 Mesa sectorial 6: As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais

Entidades asociadas: 3

            Representantes en Xunta Directiva: 1

Mesa sectorial 7. As asociacións do sector cultural, educativo ou etnográfico

Entidades asociadas: 24

            Representantes en Xunta Directiva: 2

Mesa sectorial 8: Sector forestal

Entidades asociadas: 30

            Representantes en Xunta Directiva: 3

Mesa sectorial 9: O sector público

Entidades asociadas: 13

            Representantes en Xunta Directiva: 10

Mesa sectorial 10: Outros

Entidades asociadas: 9

            Representantes en Xunta Directiva: 0

** As entidades asociadas encadradas nesta mesa sectorial poderán actuar nas Asembleas Xerais con voz pero sen voto e non contarán con representación na Xunta Directiva da Asociación, segundo o disposto na Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027,

Polo tanto, por medio do presente escrito, comunicámoslle que como entidade asociada poderá presentar candidatura para representar ao seu sector na xunta directiva.

O prazo para presentar a candidatura remata o 19 DE SETEMBRO DE 2025, e deberase realizar a través do modelo normalizado que se xunta a este escrito, podendo presentala a través do trámite Instancia Xeral da Sede Electrónica da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta Terra e Auga (https://gdrterraeauga.sedelectronica.gal) ou entregala presencialmente na oficina da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta Terra e Auga (R/ Progreso, 21, 3º, 36880 – A Cañiza) en horario de atención ao público.

DOCUMENTOS DE INTERESE: